Imaxe:
Retrato femenino
Folla técnica
Número de inventario:
5256
Materia / Soporte:
Lenzo
Cronoloxía:
1968
Clasificación:
Pintura
Sala:
Procedencia:
Depósito Xunta. Doazón: González Abad, Carolina; Santiago Blanco, Manuel (26/04/2004)
Medidas:
Con marco: Altura = 81 cm; Anchura = 69,5 cm
Lenzo: Altura = 61,5 cm; Anchura = 51 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro
Atopámonos ante unha obra de mocidade, adscrita a un realismo moi libre. Esta figura, de expresión rotunda e case ciclópea, baséase nunha pincelada xenerosa e un excelente debuxo, aspecto que caracterizará a maior parte da obra posterior do José Luis de Dios, ata facer da liña un elemento con significado autónomo. Como corresponde a esta etapa, retrata ao ser humano na súa contorna cotiá, neste caso a unha muller ensimesmada, pero situándoa ante unha superficie neutra, aínda libre da multiplicidade de obxectos e figuras que, anos máis tarde, acabarán por poboar todos os recunchos do lenzo. Movido polo seu estado emocional e tratado cunha liberdade absoluta, o cromatismo, que xa comeza a percibirse arriscado, constitúe un elemento determinante na caracterización tanto do personaxe como da atmosfera que o rodea.