Imaxe:

Saleiro

Cronoloxía:
1845-1862 (Terceira Época)

Saleiro de mesa con pé e tapa perforada. A decoración estampada en azul cobalto intenso presenta escenas de paisaxe fantástica salpicada por elementos de estilo oriental (pagodas) sendo ademais, personalizada co nome de quen realiza o seu encargo, Manuel P. Rúa

A tapa estampada con orla empedrada con remate superior de puntilla e, sobre el, un reberete entrelazado de formas xeométricas tipo romboides.

No bordo do pé repítese unha parte do reberete citado, con liñas crebadas e estilizacións florais.

Hai que destacar que durante séculos chega a Europa, a través das Compañías de Indias, porcelana chinesa especialmente azul e branca que difunde a moda oriental e á súa vez o desexo por imitala. Entre as variedades que se foron descubrindo destacan as chinoiseries en louza fina de Inglaterra, con estampados decorados por escenas paisaxísticas de influencia orientalizante. Esta variedade decorativa será copiada e representada en Sargadelos desde mediados do XIX, en todo tipo de pezas e nun intenso azul xa sexa de contornos nítidos ou fundidos pero sempre sobre a louza máis fina resistente e de maior brancura.

Folla técnica

Número de inventario:
1054
Materia / Soporte:
Pasta cerámica
Aditivos
Verniz
Pigmento metálico
Contexto cultural / Estilo:
Romanticismo
Cronoloxía:
1845-1862 (Terceira Época)
Clasificación:
Louza
Iconografía:
Temática orientalista
Orla de empedrados
Procedencia:
Asignación. Compra: Galerías Goya (25/10/1949)
Medidas:
Saleiro: Altura = 12 cm; Diámetro = 6 cm
Técnica:
Moldeado por coado
Vidrado
Cocción
Estampado (Cerámica)
Obxecto:
Saleiro