Imaxe:
San Antonio de Padua
Folla técnica
Número de inventario:
328
Materia / Soporte:
Lenzo
Contexto cultural / Estilo:
Barroco
Cronoloxía:
1669[ca]
Clasificación:
Pintura
Procedencia:
Depósito: Museo Nacional del Prado (15/10/1946)
Historial:
Depositado polo Ministerio de Fomento por R.O. de 16-06-1896 na Escola de Artes e Oficios. Pasou ao Museo de Belas Artes, por O.M. de 02-07-1946.
Ano 1951: Se expuso na Cea de Gala en honra do Xefe de Estado. 9 de Setembro. Concello da Coruña. Pazo Municipal.
EXPOSICIÓNS:
Ano 1996: Pintores do reinado de Carlos II, Museo del Prado, Exposición itinerante.
Medidas:
Con marco: Altura = 173 cm; Anchura = 104 cm; Profundidade = 6,5 cm
Lenzo: Altura = 159 cm; Anchura = 90 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro
Escena que representa o momento da visión do neno Jesús por san Antonio que aparece neste lenzo sosténdoo sobre un libro. A partir da imaxe que se creou para evocar a súa visión do neno Jesús ou ben da aparición da Virxe para entregarllo, o neno converteuse no seu atributo máis habitual. A este engadíronse outros como o libro, símbolo da Biblia e da súa dedicación para predicar a Palabra de Deus, ou o ramo de azucenas que se refería á súa pureza. Pola súa condición de frade franciscano, representóuselle vestido co sayo marrón suxeito polo cordón de tres nós significativos dos votos de pobreza, obediencia e castidade. San Antonio de Padua, canonizado no ano 1232, foi un dos santos máis representados na pintura relixiosa desde o século XVI, paralelamente á gran popularidade que adquiriu o seu culto. Coello representouno axeonllado no banzo dunha escaleira de pedra para crear efectos de perspectiva e destacou a sólida corporeidade da súa figura sen usar apenas elementos de ambientación.