Imaxe:

Santa Catalina

Autores/as:
Cronoloxía:
1700[ca]-1724[ca]

ATRIBUIDO A BENEDETTO LUTI

Represéntase a figura da santa como unha muller nova, de medio corpo e sentada ante unha mesa lendo un libro. Os episodios máis coñecidos da vida de Catalina de Alexandría foron difundidos por Santiago do Vórtice na Lenda Dourada no século XIII. Segundo os seus relatos a santa procedía da familia real polo que tradicionalmente representouse como unha princesa coroada e entre as súas virtudes destacaban a sabedoría e a castidade. Luti representouna de maneira sobria con roupaxes de inspiración clásica, sostendo un libro entre as mans como símbolo da elocuencia que mostrou ao defender a fe cristiá ante o consello de sabios reunido polo emperador romano para poñela a proba. Unha proba que sería o preludio do seu suplicio ao que alude a palma situada ao seu lado, un atributo do martirio dos santos.

Folla técnica

Número de inventario:
253
Materia / Soporte:
Lenzo
Contexto cultural / Estilo:
Barroco
Autores/as:
Cronoloxía:
1700[ca]-1724[ca]
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Relixiosa. Santos
Procedencia:
Depósito: Museo Nacional del Prado (16/08/1946)
Historial:

Depositado no Concello da Coruña desde abril de 1942, ata a apertura do Museo de Belas Artes, por O. M. 19- 12- 1941.

 

Medidas:
Con marco: Altura = 73,5 cm; Anchura = 88 cm; Profundidade = 5 cm
Lenzo: Altura = 61 cm; Anchura = 76 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro