Imaxe:

Sin Título

Autores/as:
Cronoloxía:
1860-1900

No rexistro superior: escena bélica nas rúas dunha cidade. No centro: un personaxe a cabalo, crava a súa espada no peito doutro. Ao redor, outros personaxes interveñen na loita. Rexistro inferior: nove figuras armadas e con casco. No centro: sentado no chan aparece un personaxe masculino que sostén coa súa man dereita unha especie de maza (Hércules?), á dereita dúas amazonas axeonlladas e á esquerda un soldado sentado e outra figura feminina de costas. En segundo termo: dous personaxes femininos: unha Vitoria alada e unha muller con espada nunha actitude ameazante.

No reverso: Parte superior, catro bosquexos de figuras humanas; abaixo dereita: esqueleto de dous cans; abaixo esquerda: aglomeración de obxectos relixiosos (botafumerio, báculo, cruz procesional, ...).

Folla técnica

Número de inventario:
5741
Materia / Soporte:
Papel
Contexto cultural / Estilo:
Realismo
Autores/as:
Cronoloxía:
1860-1900
Clasificación:
Artes Gráficas. Debuxo
Iconografía:
Mitolóxica
Procedencia:
Asignación. Doazón: Fundación Pedro Barrié de la Maza (04/03/1992)
Medidas:
Papel: Altura = 283 mm; Anchura = 202 mm
Técnica:
Debuxo con lapis
Augada
Obxecto:
Debuxo