Imaxe:
Sin Título
Folla técnica
Número de inventario:
6368
Materia / Soporte:
Táboa
Contexto cultural / Estilo:
Surrealismo
Cronoloxía:
1965[ca]-1973[ca]
Clasificación:
Pintura
Sala:
Procedencia:
Depósito Xunta. Compra: Fundación Pública Galega Camilo José Cela (11/11/2016)
Medidas:
Profundidade = 2,8 cm
Con marco: Altura = 40,5 cm; Anchura = 32 cm
Táboa: Altura = 30,5 cm; Anchura = 22 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro
Achegándose á pintura como un poeta que describise con meláncolica inxenuidade as imaxes dun pasado máis ou menos remoto, Lugrís adoptou unha visión subxectiva da paisaxe que lle levaría a recrear infinidade de visións do mar galego, desde a botánica e a fauna submarina, ata toda unha infinidade de lendas sobre illas encantadas e veleiros mergullados, configurando unha rica iconografía sustentada nos máis variados mitos populares. A meticulosa verosimilitude dos seus universos mariños, así como a súa persoal concepción do espazo a modo de decorado teatral son calidades que imprimen ás súas reprsentacións desa dimensión que está máis aló do real, entre o metafísico e o máxico.