Imaxe:
Sin Título
Folla técnica
Número de inventario:
5224
Materia / Soporte:
Papel
Tinta
Contexto cultural / Estilo:
Vangarda histórica galega; Expresionismo
Cronoloxía:
1976
Clasificación:
Pintura
Procedencia:
Depósito Xunta. Doazón: González Abad, Carolina; Santiago Blanco, Manuel (26/04/2004)
Historial:
Na parte posterior do cadro, etiqueta: Sala Giannini Galería de Arte.
EXPOSICIÓNS:
Ano 2004: A doazón de Manuel Santiago Blanco e Carolina González Abad, Museo de Belas Artes dá Coruña, 22 de xullo ao 12 de setembro.
Medidas:
Con marco: Altura = 70,5 cm; Anchura = 55,5 cm; Profundidade = 3 cm
Papel: Altura = 51 cm; Anchura = 36 cm
Técnica:
Acuarela
Obxecto:
Cadro
Nos anos setenta na obra de Laxeiro van convivir varias linguaxes, por unha banda potencia a abstracción gestual e por outro continúa cunha figuración de carácter expresionista que recrea unha serie de personaxes onde os nenos e os monicreques son o centro da creación. Atopámonos cunha peza que sintetiza a estética que foi desenvolvendo Laxeiro onde a cor negra e marrón van ser a base da súa pintura que serven para representar uns personaxes carnavalescos e lúdicos próximos a unha visión esperpéntica da vida, que relaciona esta obra coas representacións de nenos dos anos trinta.
É interesante lembrar que en 1969 viaxase a Amsterdam para ver unha mostra antolóxica de Rembrandt e -Ve unha obra tan ben concibida que sente a necesidade de crear de novo luces e claroscuros, volver imprimir fortaleza plástica aos seus personaxes- (Sobrino Manzanares, María Luisa, en Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada, (2003), t. 25, p. 167)