Imaxe:

Sin Título

Cronoloxía:
1975[ca]

Consumada bodegonista, María Victoria de la Fuente converte o seu estudo de pintora nun tema recorrente na súa produción, ao longo da cal se pode apreciar a súa pausada evolución artística. Trata de imprimir nos seus interiores un clima de intemporalidade, buscando transcender o obxecto, o que levou a definila como unha pintura de realismo intimista e poético. Neste recuncho de taller aparecen as ferramentas do seu traballo: o bote de cristal con pinceis e o tubo de pintura ante a xanela, coa luz como elemento imprescindible para xerar o espazo e realizar a presenza dos elementos. A superficie nacarada do cadro queda bañada por unha tenue luminosidade que lle imprime unha sensación de acougo. A gama cromática e o naturalismo da representación axústanse ás características da súa produción dos anos setenta.

Folla técnica

Número de inventario:
5253
Materia / Soporte:
Tablex
Contexto cultural / Estilo:
Novas figuracións
Cronoloxía:
1975[ca]
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Arquitectura. Interiores
Procedencia:
Depósito Xunta. Doazón: González Abad, Carolina; Santiago Blanco, Manuel (26/04/2004)
Medidas:
Con marco: Altura = 69 cm; Anchura = 60 cm
Taboleiro: Altura = 55 cm; Anchura = 46 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro