Imaxe:
Sin Título
Folla técnica
Número de inventario:
5229
Materia / Soporte:
Lenzo
Contexto cultural / Estilo:
Vangarda histórica galega
Cronoloxía:
1975
Clasificación:
Pintura
Procedencia:
Depósito Xunta. Doazón: González Abad, Carolina; Santiago Blanco, Manuel (26/04/2004)
Medidas:
Con marco: Altura = 73,8 cm; Anchura = 64,5 cm; Profundidade = 6 cm
Lenzo: Altura = 55,5 cm; Anchura = 46 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro
Dúas campesiñas están sentadas en primeiro plano ao redor dun cesto de vimbia. Os tipos populares, sobre todo as mulleres, serán unha referencia constante na obra de Torres como símbolo da identidade galega que lle inspira. As formas redondeadas e sólidas dos corpos das mulleres, o seu aspecto robusto e rotundo, o seu hieratismo e frontalidad, caracterizan a obra de Torres que resalta os valores primitivistas e arcaizantes. Estas figuras, pictóricamente, encádranse dentro das propostas renovadoras da vangarda histórica da arte galego denominada estética do granito, coñecida en Galicia a partir dos traballos de Carlos Maside. O tratamento da gama de cores cos que crea efectos de claroscuro e resalta os valores plásticos, achegan unha sensación de vulto redondo propia das tallas escultóricas. Un efecto que se ve igualmente reforzado co modo de traballar a materia pictórica mediante unha espátula, co que consegue unha textura de efectos similares á granítica.