Imaxe:
Sin Título (Álbum Imaxens Celtas)
Folla técnica
Número de inventario:
5107
Materia / Soporte:
Papel
Contexto cultural / Estilo:
Vangarda histórica galega
Cronoloxía:
1977 (Año de edición)
Clasificación:
Artes gráficas. Estampaxe
Procedencia:
Depósito Xunta. Depósito: Asociación de Amigos do Museo de Belas Artes dá Coruña (10/05/2000)
Historial:
Forma parte do legado de María Elvira Fernández López (Maruxa Seoane, Vda. de Luís Seoane, falecida en 2003). O legado faise á Asociación de Amigos do Museo de Belas Artes da Coruña que realiza un depósito permanente no Museo polo que o legado permanecerá ligado a esta institución e formará parte da súa colección estable.
Medidas:
Papel: Altura = 256 mm; Anchura = 236 mm
Técnica:
Xilografía
Obxecto:
Estampa
Estampaxe circular cunha figura de cabalo en cor marrón, unha serpe debaixo.
Do Álbum Imaxens celtas. Sen nº de tirada. Neste álbum de xilografías, Luís Seoane expón cunha mirada persoal e desde unha linguaxe simbólica, formas arcaicas que chegan á prehistoria como o círculo solar, os petróglifos, as inscricións das pedras, as espirais, os trisqueles, como un eco do primitivismo ligado ás vangardas.
Álbum Imaxens celtas-Gravados en madeira, A Coruña, Ediciós do Castro, 1977. (Citado en Dicionario Seoane, Catálogo de exposición, p. 163)