Imaxe:

Tensiones para un equilibrio

Autores/as:
Cronoloxía:
1988

O pintor soubo crear unha iconografía persoal baseada na representación sublimada da feminidade de corpos ondeantes. A figura feminina foi para o pintor non só un motivo para plasmar as súas inquietudes estéticas senón tamén un elemento simbólico. As anatomías femininas aparecen case sempre subordinadas á estrutura formal do esquema compositivo. Esta obra significa o fin dun período e o principio doutro, constituíndo a síntese conceptual e formal de dúas maneiras de interpretar a pintura: a sensual e colorista do período anterior e a máis lóxica e constructivista dos anos noventa. Opoñendo dúas liñas tensionales, a ortogonalidad e a liña curva e sinuosa en consonancia co corpo feminino, vemos como nesta obra a xeometría comeza a cardinar o espazo e realizar unha analísis constructivista da composición.

Folla técnica

Número de inventario:
5137
Materia / Soporte:
Lenzo
Contexto cultural / Estilo:
Novas figuracións
Autores/as:
Cronoloxía:
1988
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Nu. Feminino
Procedencia:
Depósito Xunta. Compra: Criado, Felipe (10/05/2000)
Medidas:
Con marco: Altura = 200 cm; Anchura = 265,7 cm; Profundidade = 5 cm
Lenzo: Altura = 195,5 cm; Anchura = 261,5 cm
Técnica:
Mixta
Obxecto:
Cadro