Imaxe:

Virgen con el Niño

Cronoloxía:
1650[ca]-1662[ca]

A Virxe, de medio corpo e cun manto azul que lle cobre a cabeza e os ombreiros, sostén no seu colo ao Neno e achégao ao seu peito para aleitalo. A iconografía mariana representada nesta obra é a coñecida como Virgo Lactans, responde o tipo da Nai aleitando ao Fillo coñecida popularmente como Virxe do Leite. É no marco do humanismo renacentista cando xorde unha espiritualidade máis intimista que a arte pasa a reflectir con representacións máis humanas e maternais deixando atrás as actitudes solemnes de época medieval. A Virxe Lactante é símbolo da tenrura maternal, que aquí se manifesta coa nai en contemplación amorosa, unha versión que con todo, nos temas marianos, quedou unida á dor do drama, expresado no xesto grave e meditativo da Virxe que presaxia o sacificio ao que estaba destinado o seu fillo. Cun estilo abocetado, destaca o uso dunha pincelada luminosa para reproducir as calidades da pel nunha pintura chea de delicadeza e elegancia que segue as pautas da corrente clasicista que se desenvolveu no barroco italiano.

Folla técnica

Número de inventario:
2109
Materia / Soporte:
Lenzo
Contexto cultural / Estilo:
Barroco
Cronoloxía:
1650[ca]-1662[ca]
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Relixiosa. Iconografía Mariana
Procedencia:
Depósito: Museo Nacional del Prado (04/01/1955)
Historial:

A obra foi doada pola Duquesa Viúva de Pastrana en 1889. Depósito do Museo del Prado por O.M. do 8-10-1954.

Medidas:
Con marco: Altura = 108,5 cm; Anchura = 92 cm; Profundidade = 5,5 cm
Lenzo: Altura = 92 cm; Anchura = 75 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro