Imaxe:

Virgen del Carmen

Autores/as:
Cronoloxía:
1701-1730

Figura da Virxe situada sobre unha peana cuadrangular, está de pé suxeitando ao neno coa súa man esquerda. Leva hábito marrón e o escapulario marrón escuro que a modo de banda pende por diante, ambos característicos dos relixiosos carmelitas. Cóbrese coa capa branca que simboliza a protección de María á Orde Carmelita. Manto e capa están resoltos en amplos pregos en lixeiro movemento, un e outro teñen decoración estofada formando motivos vexetais estilizados. Na parte superior do escapulario está gravado o escudo da Orde: unha cruz sobre o Monte Carmelo no que aparece unha estrela que representa á Virxe, e a esquerda e dereita da cruz, outras dúas estrelas representan aos Profetas Elías e Eliseo. A talla ten gran riqueza de materiais: ollos vidriados, coroa metálica e apliques de tea no extremo dalgúns pregos. A figura da Virxe mostra un realismo sereno e xunto co neno forma un conxunto de gran harmonía.

Folla técnica

Número de inventario:
2115
Materia / Soporte:
Madeira
Prata
Vidro
Contexto cultural / Estilo:
Barroco
Autores/as:
Cronoloxía:
1701-1730
Clasificación:
Escultura
Iconografía:
Relixiosa. Iconografía Mariana
Procedencia:
Depósito: Gil Pérez de Duque, Mª Luisa (15/07/1955)
Medidas:
Escultura: Altura = 94 cm; Anchura = 53 cm; Profundidade = 32 cm
Peana: Altura = 9 cm; Anchura = 35 cm; Profundidade = 32 cm
Técnica:
Talla
Estopado
Policromado
Estucado
Obxecto:
Escultura