Imaxe:

Vista de A Coruña

Cronoloxía:
1891

Ferrant pertence a esa -xeración- de pintores de historia que evoluciona dunha arte académica cara a tendencias máis realistas e que ademais, veise contaxiada pola estética do Tableautin francés de calidades preciosistas.

Esta obra plasma distintas posibilidades técnicas con que experimenta Ferrant. Na celaxe, utiliza o recurso de atmosferas abertas con ceos vaporosos moi do gusto da pintura preciosista que está de moda nese momento e que ten raíces barrocas. Tal precepto non obstrúe o seu tránsito cara á modernidade, patente sobre todo nas paisaxes pintadas do natural como esta panorámica Vista de A Coruña. Composta por un punto de vista frontal tomado da fotografía do momento, presenta unha paisaxe urbana moi realista onde sinala todos os enclaves definidores da baía coruñesa. Pero, construídos con trazos moi modernos a base de manchas de cor de acuarelada frescura que desdibuxan os contornos suxerindo o esencial a diferenza da celaxe.

Así, coa Torre de Hércules ao fondo, avánzase desde a antigüidade polas distintas etapas da historia a través da cidade. Pasando pola cidade vella do medievo parapetada sobre un promontorio remarcado polas súas igrexas; e os séculos modernos do Porto, a Peixaría e o seu embelecemento no século XIX mediante o pano de galerías da Dársena da Mariña. Chégase á cidade industrial e de progreso que representan as fábricas, chemineas e ferrocarril, (cuxa liña Madrid - A Coruña foi inaugurada en 1883) coa súa estación aínda rodeada de parceladas pradarías, salpicadas por campesiños que pronto serán testemuño dunha época en transformación.

Esta panorámica está pintada desde -O Corgo- un lugar que pertenceu ao Concello de Oza ata 1912, ano en que foi anexionado ao de A Coruña. Pintada no verán de 1891 foi presentada ao ano seguinte á Exposición Internacional de Belas Artes celebrada en Madrid con motivo do IV Centenario de América.

Folla técnica

Número de inventario:
1899
Materia / Soporte:
Lenzo
Contexto cultural / Estilo:
Realismo
Cronoloxía:
1891
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Paisaxe. Vista urbana
Procedencia:
Asignación. Doazón: Hijos de A. Ferrant Fischermans (01/06/1951)
Historial:

Doado polos fillos de Alejandro Ferrant Fischermans, os irmáns Ferrant Vázquez: María, Branca, Angel, Alejandro e Antonio.

EXPOSICIÓNS:
Ano 1958 (06-09): Exposto na cea de gala en honra do Xefe do Estado. Palacio Municipal /Concello da Coruña
Ano 1964: A Coruña de onte e de hoxe. Concello da Coruña.
Ano 2001: O republicanismo coruñés na Historia. Concello da Coruña. Sede: Kiosco Alfonso.
Ano 2008: A Coruña a cidade na arte. Museo de Belas Artes da Coruña.
Ano 2015. O primeiro Picasso. A Coruña. 2015. Organizada polo Museo Picasso de Barcelona e o Museo de Belas Artes da Coruña, Museo de Belas Artes da Coruña, 20 de feb / 24 de maio.

Medidas:
Con marco: Altura = 69,5 cm; Anchura = 164 cm; Profundidade = 5,5 cm
Lenzo: Altura = 49,7 cm; Anchura = 143,4 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro