Imaxe:
Vista de A Coruña
Folla técnica
Número de inventario:
3885
Materia / Soporte:
Xeso
Contexto cultural / Estilo:
Surrealismo
Cronoloxía:
1959
Clasificación:
Pintura
Procedencia:
Asignación. Doazón: Familia Lugrís Alonso-Muñoyerro (19/02/1991)
Medidas:
Sen marco: Altura = 127 cm; Anchura = 234 cm
Técnica:
Temple
Obxecto:
Mural
Nos anos cincuenta Lugrís realiza unha intensa actividade como muralista tanto na súa cidade natal como noutras cidades galegas e nas súas esporádicas estancias en Madrid. Este mural pintouno na casa madrileña da familia Lugrís-Muñoyerro. Representa unha vista fabulada da cidade co aspecto que idealmente tería no ano 1830. Denota un surrealismo amable e colorista, próximo á estética do naïf. Representa a fachada portuaria da cidade resaltando de forma os elementos máis representativos: a Torre de Hércules ao fondo en cor rosa, o casco antigo con casas xeométricas de cores, e a baía co illote de san Antón e a súa contorna con embarcacións variadas. En primeiro plano á dereita unha parella observando a cidade, vestida á moda do século XIX. Elementos propios do universo surrealista de Lugrís, como as nubes ou as copas dos árbloes, completan a imaxe.