Imaxe:

Vista del trasaltar de la Capilla Mayor. Catedral de Santiago

Autores/as:
Cronoloxía:
1880[ca]-1900[ca]

Trasaltar da capela maior da catedral de Santiago de Compostela, de alto zócalo sobre o que se levantan columnas salomónicas e debaixo do que se observa a capa inferior do pavimento con parte do subsolo. Dúas lámpadas colgan á dereita e no primeiro plano unha arcada aparece flanqueada por unha arquitectura con grandes volutas.

Un debuxo realizado por  Brocos deste mesmo espazo do altar maior, cunha pequena variación do ángulo visual, publicouse na Revista La Ilustración Gallega y Asturiana en 1879 para ilustrar o inicio das escavacións arqueolóxicas no  trascoro da catedral co fin de atopar o sepulcro do apóstolo.

Folla técnica

Número de inventario:
5718
Materia / Soporte:
Papel
Autores/as:
Cronoloxía:
1880[ca]-1900[ca]
Clasificación:
Artes Gráficas. Debuxo
Iconografía:
Arquitectura e monumentos
Procedencia:
Asignación. Doazón: Fundación Pedro Barrié de la Maza (04/03/1992)
Medidas:
Papel: Altura = 295 mm; Anchura = 227 mm
Técnica:
Debuxo con lapis
Obxecto:
Debuxo