Erictonio e as Cecrópidas

O Mito

Atenea vai a fragua de Hefesto para encargarlle unha armadura nova. Hefesto, que está namorado de Atenea, tenta unirse con ela. No rechazo que a deusa lle fai, Hefesto fecunda accidentalmente a Gea (a terra) nacendo deste xeito Erictonio cuxo nome quere dicir “fillo da terra”. Erictonio será rechazado por todos ao nacer con pernas de serpes. Soamente Atenea se apiadará del.

Atenea decide recollelo e metelo nun cesto, confiando o seu coidado ás coñecidas coma “as cecrópidas”, as fillas de Cécrope, rei de Atenas. Aglauro, Herse e Pándroso terán a responsabilidade de coidar a cesta ca condición de que non a abran. Incitadas pola curiosidade e incumplindo o mandato da deusa, as princesas abren o cesto descubrindo con horror o seu contido: un bebé que é metade neno, metade serpe.

Conta o mito que as cecrópidas, enloquecidas e asustadas, caen desde o alto da Acrópole. Para poder escapar da furia do rei, Erictonio se refuxiará tras o escudo da Deusa Atenea.

 

O Cadro

No cadro vemos representada esta escena mitolóxica onde, acompañando ás fillas de Cécrope, aparece unha muller anciana. As mulleres teñen un xesto de susto, mais tamén de certa tenrura e aparecen rodeando o cesto onde se atopa o pequeno Erictonio. A escena desenvólvese nun fermoso xardín onde hai un estanque, unha cariátide e un atlante que enmarcan unha arquitectura clásica.

As formas sinuosas dos corpos espidos femininos e as cores brillantes mostran unha clara influencia do estilo de Rubens, quen tamén intrepretaría este estraño mito.