
As mariscadoras
Quen o pintou?
- As mariscadoras é un cadro do pintor galego Luís Seoane, feito en 1969
- Luís Seoane foi un home que dedicou a súa vida á cultura e a arte de Galicia. Ademais de pintar cadros, publicou e ilustrou libros, escribiu poesía, teatro e artigos de prensa, foi avogado e empresario; entre outras moitas cousas. Foi un creador polifacético.
Que vemos?
- No cadro As Mariscadoras aparecen representadas catro mulleres que están a mariscar nunha ría galega
- Aparecen en grupos de dous; unhas máis preto e outras máis afastadas
- Sabemos que están a mariscar porque as mulleres preséntanse agachadas, recollendo algo do chan
- As roupas son vermellas, amarelas e negras. Visten saias longas e algunhas levan un pano na cabeza
- O azul do cadro representa o mar e a franxa amarela da parte superior a area, ou se cadra o sol
- Luis Seoane empregou para elaborar este cadro as tres cores primarias: amarelo, vermello e azul
Que máis nos ensina o cadro?
- O marisqueo nas rías é un traballo tradicional do mar en Galicia, feito xeralmente por mulleres
- Nas rías pódense recoller, cando a marea está baixa: ameixas, berberechos, ostras, vieiras, etc.
- Sabíades que hai miles de anos os habitantes dos castros xa recollían e comían o marisco nas rías,e nas rochas e nas praias de Galicia?