
Correspondencias
Museo deslocalizado - Redes Sociais - Conexións - Mensualidade - Creatividade - Participación
Para quen?
- Centros escolares de calquera territorio
- Alumnado de Infantil, Primaria e Secundaria
Que é Correspondencias?
Trátase dun proxecto educativo surxido no contexto da pandemia da COVID-19. Para poder continuar coa relación entre museo e escola, durante o curso 2020 - 2021, lanzáronse unha serie de Correspondencias orientadas aos distintos niveis académicos.
De natureza participativa e aberta, traballouse de xeito deslocalizado intentando facer que a obrigada distancia física fose un valor en si mesmo.
Os centros escolares, aulas ou particulares que queiran participar, soamente teñen que descargar os materiais. Animádevos a compartir connosco os vosos traballos!
Vídeo presentación:
Documentos:
Anexo | Tamaño |
---|---|
Deconstruíndo a Luís Seoane.pdf | 1.22 MB |
Vestir Épocas.pdf | 8.86 MB |
Completando o mito.pdf | 16.31 MB |
Sermos Pintura.pdf | 4.66 MB |
Mirando con ollos de artista.pdf | 6.77 MB |
Ficcións.pdf | 2.36 MB |