
Arte e natureza
- Descubrir, a través da observación da obra de arte, os diferentes elementos que compoñen as paisaxes
- Reflexionar sobre a nosa interacción co medio e as nosas consecuencias medioambientais
- Promover o respecto e coidado polo patrimonio artístico e pola natureza
- Fomentar o pensamento crítico e a imaxinación como ferramentas útiles ante o estado urxencia climática no que nos atopamos
A natureza sempre foi unha fonte de inspiración para os artistas. A través das paisaxes, dos bodegóns ou da representación de elementos vexetais e animais, moitos creadores e creadoras souberon captar a realidade do noso medio e mesmo transformala. A natureza tamén surtiu de recursos ás artes plásticas, desde os lenzos e os pigmentos ata os materiais para realizar pezas escultóricas.
Nesta visita observaremos distintos tipos de paisaxes (naturais e urbanas), exploraremos as características dalgúns materiais orgánicos que serven para a creación artística e reflexionaremos sobre a urxencia climática. Como podemos mudar as nosas actitudes individuais e colectivas para mellorar o mundo no que vivimos?
En Natureza e arte, as obras do museo serán o recurso a través do cal reflexionar sobre a produción de residuos, a contaminación, o impacto medioambiental e o respecto e coidado pola nosa contorna.
Esta actividade está deseñada tendo en conta contidos curriculares da Área de Ciencias Sociais, Ciencias Naturais e Valores cívicos.