Arte e Texto

Tipo de visita:
Visita dinamizada
Nível:
1º, 2º, 3º, 4º ESO e Bacharelato
Duración:
1h 15min
Obxectivos:
  • Establecer un diálogo entre as artes plásticas e a literatura a través da observación e da lectura
  • Fomentar as opinións persoais e o gusto estético a través da observación e o debate
  • Estimular a creatividade plástica e literaria dos alumnos a través do obradoiro que completa a visita
  • Pensar na visita ao museo como unha opción para o tempo de lecer
  • Promover o respecto e valoración cara o patrimonio cultural galego e internacional por parte dos alumnos

Nesta actividade pensada para os alumnos e alumnas dos distintos niveles da Secundaria, o fío conductor será a vinculación entre as artes plásticas e o mundo das letras. Será un percorrido no que traballaremos a arte de xeito transversal. A historia da pintura e da escultura non se pode desvincular do que acontece noutras expresións artísticas distintas e moitos dos autores da nosa colección se viron inspirados dun xeito directo ou indirecto polo mundo das letras.

Partiremos dalgunhas das pezas de arte mitolóxica para reflexionar sobre as lendas e a tradición oral, procurando diferenzas e similitudes entre os cadros do museo e os textos nos que están baseados (A Ilíada de Homero ou As Metamorfosis de Ovidio), reflexionando sobre a perdurabilidade no tempo de textos da antigüidade. Continuaremos observando as pegadas da expresión oral (refranes, ditos, cantigas...) na arte do barroco e do neoclasicismo a través dos retratos monárquicos e os gravados de Goya. Falaremos da etapa do Rexurdimento, entroncando as obras dos artistas galegos de finais do s. XIX e do XX cos poemas de Rosalía de Castro, Eduardo Pondal ou Curros Enríquez. Traballaremos coa paisaxe galega, protagonista de moitos dos cadros do museo, que parece representar gráficamente o que os poetas e filósofos representaran anteriormente na escrita. Afondaremos na figura da escritora Emilia Pardo Bazán, cuxa pegada está presente de varias formas na colección. Remataremos o noso percorrido coa arte galega do século XX, somerxéndonos nos manifestos das vangardas artísticas, así como nos xogos literarios dalgúns dos movementos como o surrealismo ou as revistas culturais do primeiro tercio do século XX; como Ronsel, Alfar, Nós ou Resol.