Chamando á Terra

Tipo de visita:
Visita dinamizada
Nível:
1º e 2º Educación Primaria
Duración:
1h 15 min

En Chamando á Terra partimos dunha misteriosa mensaxe que nos chega dun planeta afastado; un ser descoñecido escríbenos desde un lugar desmemoriado. A súa inmensa curiosidade lévalle a realizar unha investigación sobre o Universo, descubrindo con abraio e desconcerto o planeta Terra e os terrícolas. O Museo será o lugar perfecto para analizar as pegadas do ser humano: un lugar que garda lembranzas e mostras do paso do tempo, conservando aquilo que se considera culturalmente valioso.

Como se pode “gardar” unha emoción? Que xeito atopamos os seres humanos para “pasar a posteridade”? Onde se garda o coñecemento? Todas as pegadas que deixan as persoas son positivas?

Durante o noso percorrido, de xeito lúdico e participativo, tentaremos dar resposta a algunhas das cuestións que máis sorprenden a este misterioso personaxe; analizando as obras de arte como documento histórico e obxectos cheos de memoria.

 

Esta actividade está deseñada tendo en conta os contidos curriculares da Área de Ciencias Sociais e Educación Artística