E elas... Onde están?

Tipo de visita:
Visita dinamizada
Nível:
5º e 6º de Educación Primaria
Duración:
1h 15min
Obxectivos:

 

  • Achegarse a unha visión da historia da arte na que as mulleres son as protagonistas
  • Coñecer as dificultades que as mulleres tiveron ao longo da historia para ser recoñecidas profesionalmente como artistas
  • Descubrir exemplos de mulleres artistas da antigüidade e da contemporaneidade
  • Reflexionar sobre moitas das mensaxes, non sempre explícitas, que as imaxes nos envían
  • Promover valores de igualdade e a non discriminación por razóns sociais, raciais ou de xénero
  • Fomentar o debate e a reflexión en temas sociais que nos afectan a todos e todas

Que papel xogan e xogaron as mulleres no mundo da arte? Esta será a cuestión fundamental que nos servirá como fío conductor e punto de arranque da visita. Centrarémonos en dous aspectos distintos: a representación artística da muller durante a Historia da Arte e o seu papel como creadora.

Malia que no museo contamos con numerosas obras pictóricas nas que a muller é a protagonista da representación, temos moi poucas onde elas sexan as creadoras. Por que temos tan poucas obras realizadas por mulleres? Afecta isto ao noso xeito de entender o rol que homes e mulleres teñen na sociedade? Por que coñecemos tan poucos nomes de mulleres creadoras? Que podemos facer para cambiar esta situación?

No noso percorrido observaremos obras de distintas épocas e estilos reflexionando sobre a representación feminina ao longo da historia, achegarémonos a mulleres creadoras de gran transcendencia, pensaremos en mulleres importantes da nosa contorna e reflexionaremos sobre as desigualdades que continuamos vivindo hoxe na nosa vida cotiá.

 

Esta actividade está deseñada tendo en conta contidos curriculares da Área de Ciencias Sociais e Valores Sociais e Cívicos