
Escolle a túa propia aventura
Tipo de visita:
Visita xogada
Nível:
1º e 2º Educación Primaria
Duración:
1h 15 min
Obxectivos:
- Comprender a arte como un documento histórico que nos serve para achegarnos a outras épocas, lugares e costumes
- Impulsar a autonomía do alumnado promovendo a capacidade de observación, debate e escoita
- Fomentar a imaxinación e o respecto cara as manifestacións dos demais
- Potenciar a idea do museo como unha opción para o tempo de lecer
Nos libro-xogos dos anos oitenta e noventa da serie Elixe a túa propia aventura, o lector tiña que ir tomando decisións sobre a forma de actuar dos personaxes da historia, modificando así o transcorrer da narración.
De xeito semellante, nesta visita serán os propios nenos e nenas dos primeiros niveis de Educación Primaria quenes escollerán o itinerario que se levará a cabo. Esta actividade de carácter narrativo e fantástico partirá dunha obra de arte da que se abrirán distintas vías de acción posibles. Dependendo das escollas do grupo, a visita levaranos por un camiño ou outro, non habendo dúas visitas iguais.
Esta actividade está deseñada tendo en conta os contidos curriculares da Área de Ciencias Sociais.
Obras: