Identidades. As artes para a inclusión social

IDENTIDADES, AS ARTES PARA A INCLUSIÓN SOCIAL é unha experiencia sociocultural iniciada en 2018, e promovida pola Asociación de Amigos do Museo de Belas Artes da Coruña baixo a coordinación e supervisión do equipo técnico do museo, e subvencionada pola Deputación Provincial da Coruña e a Área de Bienestar do Concello da Coruña

Destinado a colectivos en situación de vulnerabilidade, o proxecto pretende facer unha reflexión e tomar conciencia das raíces e da identidade propia en todas as súas variantes: cultural, xeográfica, emocional e persoal, tanto individual como colectiva.

O medio para lograr este obxectivo será a posta en marcha dunha serie de obradoiros de artes plásticas impartidos por unha selección de artistas da cidade, nos que traballarán diferentes técnicas (debuxo, escultura, colaxe, gravado, pintura, etc) para representar, a través dos xéneros artísticos, as distintas formas de asumir a identidade de cada un, da súa contorna e espazo, dos seus obxectos emotivos ou simbólicos, dos episodios do seu pasado e presente e das emocións que todos estes elementos lles provocan.


Edición 2022:

  • Temática: o autorretrato, a paisaxe e o bodegón
  • Artistas invitados: Héctor Francesch, Óscar Cabana, Luisa Valdés, Lara Pintos, Bea Lema, Faura Balsa, Jano Ilustra, Iria do Castelo, Manel Cranio e Isabel Pintado.
  • Entidades participantes: Ecodesarrollo Gaia, grupos de Cruz Vermella (a través dos programas Empezar de 0Muller en risco e Migrantes), Hogar de Santa Lucía, Hogar Sor Eusebia, Centro Ocupacional Pascual Veiga, Amigonianos, ACCEM, e Fundación Juan Soñador.

 

Edición 2021: 

  • Temática: o autorretrato, a paisaxe e o bodegón
  • Artistas invitados: Héctor Francesch, Yolanda Dorda, Óscar Cabana, Isabel Pintado y Luisa Valdés.
  • Entidades participantes: Ecodesarrollo Gaia, dous grupos de Cruz Vermella (a través do seu programa Muller en dificultade social), Amigonianos e Fundación Juan Soñador (programa Teranga).

 

Edición 2020: 

  • Temática: o autorretrato, a paisaxe e o bodegón
  • Artistas invitados: Tatiana Medal e Ali Ali (colaxe) e Óscar Cabana e Luisa Valdés (debuxo).
  • Entidades participantes: Ecodesarrollo Gaia, Cruz Vermella, a través do seu programa Mulleres en situación de vulnerabilidade, Hogar de Santa Lucía e Fundación Juan Soñador.

 

Edición 2019:

Identidades I. O Mapa e o Espazo

  • Temática: o mapa e o espazo
  • Artistas invitados: Damián Ucieda (fotógrafo), Tatiana Medal (pintora) e Oscar Cabana (pintor)
  • Entidades participantes: Ecodesarrollo Gaia e Cruz Vermella.

Identidades II. O autorretrato

  • Temática: o autorretrato
  • Artistas invitados: Ali Ali, Pablo Mella e Yolanda Dorda
  • Entidades participantes: Ecos do Sur e o Hogar de Santa Lucía.

 

Edición 2018:

  • Temática: o autorretrato
  • Artistas invitados: Ali Ali, Pablo Mella e Yolanda Dorda
  • Entidades participantes: Ecodesarrollo Gaia e Cruz Vermella