
Illas de Natureza
-
Descubrir, a través da observación da obra de arte, os diferentes elementos que compoñen as paisaxes
-
Reflexionar sobre a nosa interacción co medio e as nosas consecuencias medioambientais
-
Promover o respecto e coidado polo patrimonio artístico e pola natureza
-
Fomentar o pensamento crítico e a imaxinación como ferramentas útiles ante o estado urxencia climática no que nos atopamos
Que pasaría se mañá caésemos desde un avión a unha illa deserta? Que tres cousas escollerías para comezar unha nova vida? Que pegada quererías deixar nesta terra virxe? Como se dun Robinson Crusoe se tratara, o alumnado terá que sobrevivir neste lugar e convivir con outras illas veciñas, atopando un equilibrio entre os intereses de todos os habitantes do arquipélago.
Con este punto de partida realizaremos un itinerario polo museo no que a natureza será a protagonista. A través de paisaxes, cadros costumistas e esculturas reflexionaremos sobre a urxencia climática e sobre como as nosas accións diarias afectan ao medioambiente.
A idea de illa será unha metáfora de como facermos un mundo mellor; a creatividade e a arte son ferramentas indispensables para poder imaxinar, e así transformar, o mundo no que vivimos.
Esta actividade está deseñada tendo en conta contidos curriculares da Área de Ciencias Sociais, Ciencias Naturais e Valores cívicos.