Liña. Mancha. Cor

Tipo de visita:
Visita dinamizada
Nível:
3º e 4º de Educación Primaria
Duración:
1h 15min
Obxectivos:

 

  • Fomentar a capacidade de observación e de análise da obra de arte
  • Aproximarse ás diferentes técnicas e estilos artísticos, atendendo á súa evolución ao longo do tempo
  • Promover no alumnado a valoración cara as diferentes expresións artísticas
  • Apreciar a visita ao museo como una experiencia estimulante e significativa
  • Desenvolver a creatividade, a percepción e a sensibilidade estética

A liña, a mancha e a cor son tres dos elementos principais aos que nos enfrentamos á hora de realizar unha produción artística ou analizala. Pode haber figuras sen liñas? Que tipos de liñas coñeces? Poden as manchas expresar sentimentos? Cantas tonalidades de azul es capaz de recoñecer nunha única pintura? Como e cando xorden as cores? Hai formas abertas e pechadas?

Nesta visita debatiremos sobre a potencialidade das cores para facernos sentir dun xeito ou outro, experimentaremos con distintos tipos de liñas e xogaremos coas caprichosas manchas. Estableceremos as diferenzas básicas entre arte abstracta e figurativa, descubriremos o nacemento dos pigmentos máis valiosos da antigüidade e estudaremos os métodos e procesos de traballo de artistas de distintas épocas e estilos.

 

Esta visita está deseñada tendo en conta contidos curriculares  da Área de Ciencias Sociais e Educación Artística.