Museo. Instruccións de uso

Tipo de visita:
Visita dinamizada
Nível:
4º, 5º e 6º de Primaria
Duración:
1h 15min
Obxectivos:

 

  • Familiarizarse co mundo dos museos e coñecer as súas principais funcións
  • Aproximarse ás diferentes técnicas e estilos artísticos, atendendo á súa evolución ao longo do tempo
  • Coñecer e diferenciar os xéneros pictóricos e comprender as motivacións que levaron aos artistas a traballar estes temas
  • Comprender o concepto de tempo histórico
  • Valorar a cultura e o patrimonio

Neste percorrido de carácter xeral, invitamos ao alumnado a coñecer mellor o mundo dos museos e as coleccións. Presentaremos o Museo de Belas Artes como institución, profundizando nas diferentes funcións e a importancia de conservar e transmitir a cultura de todos e todas. Cando xurden os museos? Quen é o dono das obras que se atopan aquí? Como se fai unha exposición? Onde estaban estes cadros antes de chegar ao museo? Por que foron feitas estas obras de arte? Reflexionaremos sobre estas e outras preguntas, dando resposta a todas elas dun xeito ameno e participativo.

Trazaremos un percorrido polo museo que nos levará desde o realismo e o dramatismo da arte barroca ate o estilo máis libre e xestual das vangardas do século XX; aprenderemos a diferenciar e apreciar os distintos estilos e técnicas artísticas e veremos todos aqueles obxectos máis funcionais que forman parte da colección: moedas, abanos, xoias, etc.

 

 

Esta actividade está deseñada tendo en conta contidos curriculares da Área de Ciencias Sociais e Área de Educación Artística