
O que levamos na maleta
- Desenvolver a empatía a través da contemplación de obras da colección
- Identificar distintas emocións e estados de ánimo, así como vocabulario relacionado
- Diferenciar as cores primarias das secundarias
- Recoñecer as tonalidades da gama cromática e analizar as sensacións que estas nos transmiten
- Fomentar a observación, o descubrimento e a interpretación de imaxes a través do contacto directo coa arte
Carolina é unha nena de cinco anos que ten que cambiar de cidade. As mudanzas son sempre moi estresantes e ela aínda non fixo a súa maleta. Axudámoslle a facela?
O que levamos na maleta é unha actividade que ten como fío conductor o tema das emocións e como as xestionamos. As obras de arte do museo foron realizadas para espertar no espectador distintas sensacións; durante esta visita os nenos e nenas irán expresando como se senten diante dos cadros e esculturas do museo.
Que acontecería se non puidésemos expresar a nosa alegría ou a nosa rabia? Cando nos sentimos tristes? Poden as cores transmitirnos sentimentos distintos? Hai manchas enfadadas e manchas tranquilas? Pode un cadro facernos sentir ledos, medrosos, confusos...?
A partires dunha pequena historia os nosos visitantes terán que ir identificando distintos estados de ánimo a través dalgunhas das obras máis representativas da colección do museo.