
Oficina de obxectos perdidos
- Familiarizarse co museo e coñecer as súas principais funcións: coleccionar, conservar e exhibir
- Reflexionar sobre o concepto de patrimonio, memoria e tempo histórico
- Promover no alumnado a valoración cara as diferentes expresións artísticas
- Fomentar a capacidade de observación e análise da obra de arte
Todos os museos e institucións teñen un espazo coñecido como “oficina de obxectos perdidos”; neste lugar, almacénanse todos aqueles obxectos que os visitantes e usuarios deses espazos deixan esquecidos.
Nesta actividade o alumnado de 1º e 2º de Primaria terá que ir atopando unha serie de obxectos reais que estarán vencellados a distintos cadros do museo. Algúns destes obxectos terán valor económico, sentimental ou serán totalmente funcionais; descubriremos os seus usos e aos personaxes aos que pertencen.
A idea de colección e de patrimonio nos servirá para reflexionar sobre a importancia que habitualmente lle outorgamos aos obxectos e analizaremos como moitas veces falan da identidade do seu dono ou dona ou mesmo da identidade dun territorio. Aproveitaremos a abondosa colección do museo para descubrir obras de distintos períodos e estilos e reflexionaremos sobre o museo como un lugar contedor de obxectos que falan de nós.