
Outro xeito de mirar
- Interpretar as obras artísticas de xeito crítico
- Respectar as apreciacións e a mirada de compañeiros e compañeiras
- Explorar e diferenciar os elementos plásticos presentes nas obras de arte
- Expresar oralmente as impresións que as obras de arte xenera
- Valorar o contido informativo que teñen as imaxes artísticas
Ao longo da historia da arte houbo artistas que tentaron enganar o noso ollo ou agochar certas mensaxes nos cadros. Neste percorrido, adaptado aos últimos cursos de educación primaria, descubriremos as distintas lecturas que se lle poden dar a unha obra de arte.
Que é un trampantojo? Cal é a historia dos cadros que vemos nun museo? Que pasa se lle damos a volta a unha pintura abstracta? Por onde se empeza a pintar un cadro?? Que quería transmitir o autor ou autora da obra? Percibimos todos e todas o mesmo ante o que estamos a ver? Pode a nosa mirada enganarnos?
Neste percorrido empregaremos todos os nosos sentidos para mergullarnos nalgunhas das obras máis destacadas e suxerentes da colección do museo. O alumnado aprenderá a ler as imaxes e a dubidar delas.
Esta actividade está deseñada tendo en conta contidos curriculares da Área de Ciencias Sociais e Educación Artística