Todo o que vive nunha árbore

Tipo de visita:
Visita dinamizada
Nível:
4º - 6º Ed. Infantil
Duración:
1h e 15min
Obxectivos:

 

  • Descubrir, a través da observación da obra de arte, os diferentes elementos que compoñen as paisaxes
  • Observar como un mesmo tema se pode representar de xeitos moi distintos
  • Reflexionar sobre a nosa interacción co medio e as súas consecuencias medioambientais
  • Promover o respecto e coidado pola natureza e pola arte

A natureza sempre foi unha fonte de inspiración para os artistas. A través das paisaxes, dos bodegóns ou da representación de elementos vexetais e animais, moitos creadores e creadoras souberon captar a realidade do noso medio e mesmo transformala. Nesta actividade os nenos e nenas experimentarán con distintos materiais empregados para realizar unha obra de arte e descubrirán o proceso de creación dalgunhas das pezas do museo.

Quen vive nunha árbore? Que tipos de árbores coñeces? Cales son os seus elementos máis característicos? Como representarías unha árbore? Por que son tan importantes? Que podemos facer para coidar a nosa contorna?   

A través de distintas representacións artísticas de árbores e outros elementos da natureza, reflexionaremos sobre a importancia do medio natural nas nosas vidas e sobre como interactuamos con el.