Exposicións

do 13 de abril ao 15 de xullo de 2018 - Sala de exposicións temporais

desde o 9 de febreiro de 2018

O Museo de
Belas Artes da Coruña enriquece a súa colección permanente de arte galega co
depósito de tres pinturas do artista Alberto Datas que a familia realiza
coincidindo cos actos de homenaxe ao artista cando se cumpre o aniversario do
seu pasamento.

1 decembro 2017 - 1 abril 2018

O Museo de Belas Artes da Coruña presenta a exposición dedicada á obra do artista Alfonso Sucasas, cunha lectura da súa obra a través de novas liñas de interpretación do seu traballo e co fin de coñecer mellor os postulados desde os que pintaba, os seus intereses e as súas inquedanzas.

Do 12 de maio ata o 30 de setembro de 2017 - Salas do museo

Intervención do artista nas salas do museo con 33 personaxes da súa serie Dobremente Vixiados que interaccionan con obras da colección permanente do museo.

Do 30 de marzo a 3 de setembro de 2017 - Sala de exposicións temporais

Unha fascinante historia da vivenda de baixo custo a través de dez insólitas biografías

A partires do 25 de novembro de 2016 - Museo de Belas Artes da Coruña

PRESENTACIÓN DE NOVOS DEPÓSITOS

desde mediados de outubro de 2016 ata febreiro 201 - Museo de Belas Artes da Coruña

Obra de grupo que xurde dun traballo de campo dirixido polo escultor Pepe Galán no marco do obradoiro "Artistas no museo", sobre a vida e obra do tamén escultor Isidoro Brocos.

do 6 de outubro ao 8 de xaneiro de 2016 - Museo de Belas Artes da Coruña

Organizada pola Generalitat Valenciana e a Fundación Bancaja coa colaboración da Hispanic Society of America e o Museo de Belas Artes da Coruña, mostra por primeira vez ao público 32 bosquexos que Joaquín Sorolla realizou como preparación para a súa obra Visión de España, os catorce paneis monumentais sobre as rexións de España que o artista pintou para a biblioteca da citada institución neoyorquina.

do 29 de abril ata novembro de 2016 - Museo de Belas Artes da Coruña

A instalación é o resultado dos traballos realizados no taller desenvolvido no marco do ciclo ARTISTAS NO MUSEO impartido por Mónica Alonso, no que os alumnos tiveron a oportunidade de traballar cuestións emocionaiss personais a través da expresión artística.

Do 23 de abril ata finais de 2016 - Salas do museo

HOMENAXE DO MUSEO DE BELAS ARTES DA CORUÑA NO IV CENTENARIO DA MORTE DE CERVANTES
O Museo de Belas Artes da Coruña súmase a esta conmemoración amosando os fondos da colección nos que se interpreta artísticamente ás figuras protagonistas do Quixote.