Exposicións

de xaneiro a agosto de 2015 - Museo de Belas Artes da Coruña

Instalación das obras resultado do taller impartido por Héctor Francesch dentro do ciclo ARTISTAS NO MUSEO.

do 20 de febreiro ao 24 de maio de 2015 - Sala de exposicións temporais

O primeiro Picasso. A Coruña 2015

Datas: 20 de febreiro a 24 de maio de 2015

Lugar: Museo de Belas Artes da Coruña

Organiza: Museo de Belas Artes da Coruña e Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, co Concello de A Coruña e a Fundación Emalcsa, xunto coa colaboración especial do Museu Picasso de Barcelona.

Comisaria: Malén Gual

13 de novembro de 2014 - 11 de xaneiro de 2015 - Sala de exposicións temporais

Esta mostra homenaxe dedicada a Felipe Criado (1928-2013) céntrase nos seus catro últimos anos, entre 2008 e 2012, mediante unha selección de obras coas que se tratará de reflectir as mitoloxías que definiron a identidade total do artista, a partir dalgunhas das súas series máis recoñecidas.Entre as obras escollidas están tres das súas máis célebres series (Santander, Pompeianas e Paraugas) que resumen, en termos estéticos, o longo e denso proxecto…

29 de xullo - 26 de outubro de 2014 - Sala de exposicións temporais

Partindo de tres estudos inéditos realizados por Manuel Colmeiro nos anos trinta para un mural, a exposición profundará na evolución do autor desde unha pintura simbólica a outra en que prevalece a autonomía da pintura sobre o tema, facendo fincapé na modernidade da súa opción.Para presentar esta evolución mostraranse os seus temas máis recorrentes: o nu, a paisaxe, a natureza morta, a muller campesiña ou o autorretrato, facendo ver a convivencia do primitivismo cun certo clasicismo, que se pon de manifesto tanto nos temas como na plasmación plástica.…

18 de setembro ao 26 de outubro de 2014 - Foro do museo

O museo acollerá a partir do día 18 de
setembro unha nova exposición que propón un achegamento á arquitectura Suíza,
centrada na paisaxe e no desenvolvemento sustentable, en colaboración coa
Embaixada de Suíza en España.

do 20 de febreiro a setembro de 2014 - Museo de Belas Artes da Coruña

Instalación da obra resultado do taller impartido por Xurxo Gómez Chao dentro do cilco ARTISTAS NO MUSEO

do 24 de abril ao 29 de xuño de 2014 - Sala de exposicións temporais

A exposición intégrase no marco dunha vía de colaboración establecida dende fai anos entre o Museo de Belas Artes e o CGAI que atopa exemplos en mostras como a de Ruth Matilda Anderson ou a de Schmidt de las Heras, e baseada no desexo común de difundir e dar a coñecer a creación de fotógrafos históricos e contemporáneos, a través das súas obras máis destacadas, recompiladas e analizadas en completos e razoados catálogos, co fin de proporcionarlle ao conxunto da cidadanía un maior coñecemento das artes da imaxe.…

do 29 de novembro de 2013 ao 2 de marzo de 2014 - Sala de exposicións temporais

A mostra "Confluencias" ideouse como un diálogo entre a obra pictórica de Jaime Quessada (1937-2007) e o seu fillo, Xaime Quesada Blanco (1975-2006), propoñendo unha reflexión sobre os puntos de encontro entre ambas as dúas producións a raíz dos seus fortes vínculos afectivos e artísticos. O proxecto está comisariado pola viúva e nai dos homenaxeados, María Jesús Blanco, e por Piar Corredoira e contou coa colaboración da Fundación Xaime Quesada Blanco.

7 de febreiro ao 28 de abril de 2013 - Sala de exposicións temporais e foro do museo

A exposición 100 Anos de Arquitectura e Deseño en Alemaña está organizada polo Museo de Arquitectura da Universidade Técnica de Munich e o IFA, Intituto de Relacións Internacionais, Stuttgart.Foi concebida para conmemorar o centenario da Deustscher Werkbund, a mítica Liga Alemá de Talleres fundada en 1907 por 12 artistas e arquitectos, xunto con 12 fábricas de Munich, co obxectivo de relacionar arte, industria e artesanía, e permite percorrer os grandes momentos da súa historia.

27 xullo 2012 - 13 xaneiro 2013 (*prorrogada) - Sala de exposicións temporais

Mostra antolóxica