Exposicións

Do 12 de setembro de 2010 ao 16 de xaneiro de 2011 - Sala de exposicións temporais

O centro barcelonés amosa no Museo de Belas Artes da Coruña as súas mellores obras ligadas á Art Nouveau.

Do 10 de setembro ao 12 de decembro de 2010
(PRORROGADA ATA O 16 DE XANEIRO DE 2011)

Do 5 de novembro de 2009 ao 7 de febreiro de 2010 - Museo de Belas Artes da Coruña

A Exposición realiza un itinerario ao longo da arte española da segunda metade do século XX e inicios do século XXI, a partir dunha serie de obras que conforman a Colección de Manel Mayoral, coleccionista e galerista catalán, cunha formación e experiencia que se ven reflectidas nun patrimonio artístico coidadosamente seleccionado e atesourado durante máis de 30 anos. Así, a través das máis de 40 obras que conforman a mostra poderemos facer un percorrido cronolóxico desde Picasso a Barceló, pasando por unha longa veintena de artistas españois que realizaron importantes achegas aos…

Do 30 de xaneiro ao 19 de xullo 2009 - Museo de Belas Artes da Coruña

A Coruña. A cidade na arte
A exposición pretende reflectir as diferentes miradas que os artistas proxectaron sobre a cidade da Coruña ao longo dos séculos, analizando a repercusión que ditas interpretacións tiveron, non só no contexto das súas propias obras, senón tamén en relación coa historia do paisaxismo, xa sexa desde o punto de vista estilístico, técnico ou iconográfico. Do mesmo modo, nos permitirá descubrir cales foron os escenarios da cidade máis apreciados polos artistas, tanto polas súas vivencias persoais como pola plasticidade, monumentalidade ou pintoresquismo. A mostra…

Do 6 de xuño ao 27 de xuño de 2008 - Sala de exposicións temporais do museo

A mostra de Chema Madoz, Premio Nacional de Fotografía do ano 2000, componse de 97 fotografías en branco e negro realizadas nos últimos seis anos, nas que fundindo a súas raíces creativas nos movementos artísticos do primeiro tercio do século XX, como o dadaísmo e o surrealismo, coloca ante a súa cámara infinidade de artigos da máis variada natureza, descontextualizándoos e situándoos nun entorno completamente alleo ao natural, ata o punto de facerlles perder o seu significado orixinal e emitir sinais totalmente diferentes.

Do 4 ade abril ao 25 de maio de 2008

A exposición Dúas Arquitecturas Alemás: 1949-1989 constitúe a primeira tentativa dunha revisión histórica sobre o desenvolvemento da arquitectura nos dous estados alemáns, máis de cincuenta anos despois da fundación da República Federal e a República Democrática de Alemaña e 18 anos despois da reunificación alemá. Representa polo tanto unha historia da arquitectura moderna entre 1949 e 1989, con perspectivas que van máis alá desa época.

Do 30 de novembro de 2007 a 2 de marzo de 2008 - Sala de exposicións temporais

A exposición está formada por unha selección de obras de arte e arqueoloxía que foron donadas por la Fundación Caja Madrid ao Museo de Montserrat.
Procedentes de diversas culturas como Exipto, Chipre, Oriente Próximo e o mundo clásico, trátase nuns casos de primeiras testemuñas paleolíticas e neolíticas, mentres que noutros supoñen xa un desenvolvemento cultural considerable: mesopotámicas, hititas, exipcias, iraníes, chipriotas, preetruscas, da Grecia clásica e da Roma imperial, precolombinas, do Extremo Oriente, ademais de outras asiáticas e de Papúa Nova Guinea máis recentes.…

Do 23 de marzo ao 31 de agosto de 2007 - Sala de exposicións temporais

A exposición Alison & Peter Smithson. Da Casa do Futuro á casa de hoxe, producida polo Design Museum de Londres e a holandesa Universidade de Tecnoloxía de Delft, está dedicada ao matrimonio de arquitectos ingleses formado por Alison Margaret Gill (1928-1993) e Peter Denham Smithson (1923-1993), casados en 1949, e cuxa obra marcou a evolución da arquitectura do Movemento Moderno despois da Segunda Guerra Mundial. Os seus polémicos deseños, nos que abordan cuestións tan candentes como o xurdimento da sociedade de consumo e a orientación do urbanismo, sentaron as bases do Novo Brutalismo…

Do 2 ao 15 de agosto de 2007 - Foro do museo

A mostra componse dunha serie de paneis nos que expoñe a traxectoria do teatro galego. Complétase cun audiovisual.

Do 19 de decembro de 2006 ao 25 d febreiro de 2007 - Sala de exposicións temporais

A exposición ofrece unha visión de cómo os artistas plásticos españois (con especial fincapé dos galegos) reflectiron desde as últimas décadas do século XIX ás primeiras do XX os cambios motivados polo forte desenvolvemento de tipo social, económico e cultural experimentado polas cidades, cada vez máis modernas, lúdicas e cosmopolitas. Dito crecemento sería causa e efecto dunha imparable diáspora protagonizada pola poboación rural en dirección a elas.
Un centenar de obras, entre óleos, debuxos, acuarelas e litografías, ilustrarán este discurso para describir os espacios, ambientes,…

Do 28 de setembro ao 26 de novembro - Foro do museo

A exposición "Nazón de Breogán" é un percorrido pola historia do país dende as súas orixes ata 1936, con motivo da conmemoración do 70 aniversario da celebración do plebiscito do Estatuto de 1936. A través dos seus paneis, a mostra propón "un xeito de soñar Galiza". A exposición achega ademais ao espectador a unha realidade histórica moitas veces descoñecida, marcada pola cultura castrexa, o Reino de Galiza, ou personaxes coma Prisciliano, Xelmírez, Murguía ou Antón Vilar Ponte, que forman parte da nosa historia e da nosa realidade como pobo.