Exposicións

Do 30 de xuño ao 5 de novembro de 2006 - Sala de exposicións temporais do museo

Esta exposición compónse de obxectos de vidro conservados nas diferentes sedes do Museu d`Arqueología de Catalunya: Barcelona, Ampurias, Girona e Ullastret, e no Museo Nacional de Arqueoloxía de Tarragona.
Cronoloxicamente os obxectos expostos van do século VII a.C. ao século VII d.C. Son un total de 160 pezas, xoias, amuletos, copas, xarras, vasos, recipientes de cociña, de mesa, etc., mostrados en tres seccións: o vidro, un elemento de luxo; a popularización do vidro; e a evolución dos modelos.
Compleméntase con varias pantallas e ordenadores nos que se explica a creación do…

Do 9 de marzo ao 11 de xuño de 2006 - Sala de exposicións temporais do museo

A exposición amosa unhas 300 pezas que percorren a historia da civilización exipcia (momias, papiros, relevos, estelas funerarias, sarcófagos,etc.). As obras son cedidas por coleccionistas privados españois e conta cunha reproducción de 2.20 metros de altura do Faro de Alexandría.

A mostra fai un percorrido pola historia do Exipto antigo, desde as súas orixes ata a época dos Ptolomeos, incluíndo algúns reflexos do cristianismo copto e unha colección de 17 gravados dos primeiros "exploradores" que chegaron ás terras exipcias nas campañas napoleónicas, e posteriormente, procedentes…

Do 2 de decembro de 2005 ao 26 de febreiro de 2006 - Salade exposicións temporais do museo

Esta exposición supón un achegamento á obra de Tino Grandío en relación coa arte e os artistas da súa época, en case catro décadas de traxectoria artística. A través dos 59 óleos expostos realizaremos un percorrido pola obra de Grandío (retratos, paisaxes, animais, etc.) á vez que podremos comparar a súa temática e o seu estilo con artistas como Luís Seoane, Laxeiro, Pesqueira, Xesús Corredoyra, etc.
A exposición consta de catro seccións: Saídas expresionistas e figuración lírica, Abstracción frente a figuración, A estética do gris e A luz como poética.
O labor pictórico de…

Do 30 de xuño ao 2 de outubro de 2005 - Sala de exposicións temporais do museo

Este proxecto presenta a obra de tres destacadas artistas do realismo contemporáneo español (Amalia Avia, María Moreno e Isabel Quintanilla) pertencentes á primeira xeración de mulleres profesionais da pintura no noso país. É a súa unha pintura evocadora e próxima, a través da que dignifican o obxecto sinxelo, elevando a obra de arte a realidade cotidiana. Cada unha aporta unha visión particular do realismo: desde o matiz expresionista de Amalia, ás insinuacións impresionistas de María, pasando pola nítida realidade de Maribel, constituíndo así tres sensibilidades, tres miradas distintas…

Do 22 de xullo 2004 ao 12 de setembro de 2005 - Sala de exposicións temporais

Amósanse as 93 obras de artistas galegos e españois que compoñen a colección doada ao Museo pola viúva de don Manuel Santiago Blanco, dona Carolina González Abad.

Do 15 de decembro de 2004 ao 6 de marzo de 2005 - Sala de exposicións temporais do museo

Esta mostra xurde a partir da revisión profunda e sistemática que o Museo del Prado está levando a cabo dos seus fondos do século XIX, centrándose neste caso na figura do pintor belga Carlos de Haes (1826-1898), un dos mestres da paisaxe do século XIX en España. Reúnese aquí a máis ampla e selecta antoloxía da paisaxe realista española, nun amplo conxunto de pinturas pertencentes ao Prado gracias á xenerosa doazón realizada na súa maior parte polos seus discípulos en 1899 trala morte do mestre.
Nesta exposición pódese apreciar o papel de Haes como impulsor da transformación do xénero…

D0 28 de setembro ao 28 de novembro de 2004 - Sala de exposicións temporais do museo

Nesta mostra preséntanse dúas series de "cadros da mestizaxe" pertencentes ao Museo Nacional de Antropología de indubidable valor artístico. Estas dúas coleccións, unha mexicana e outra peruana, destacan polo seu valor científico, etnográfico e naturista xa que amosan ademais dos peculiares costumes populares (a indumentaria, as xoias...), tamén os diversos corpos e xenios herdados polos descendentes das misturas raciais, xunto cun amplo conxunto dos productos naturais dos seus países de orixe, México e Perú.

Do 14 ao 31 de outtubro de 2004

Dentro do programa expositivo do Xacobeo 2004 sitúase esta exposición, que iniciou a súa andaina en 1999, e neste ano percorre as diversas cidades de Galicia coa variante Galiciadixital: conéctate ó camiño.

Espertan un grande interese entre os visitantes as salas da montaña rusa, o navegador SANTI, a viaxe submarina, o museo baleiro ou as pantallas do Camiño.

Do 18 de xuño a 12 de setembro de 2004 - Foro do museo, primeira e terceira planta
Do 18 de febreiro ao 16 de maio de 2004 - Museo de Belas Artes

Esta exposición consta de sesenta óleos nos que se mostran retratos de nenos, pertencentes á Fundación Yannick y Jacober (Alcudia, Mallorca). A través destas obras, datadas entre os séculos XVI e XIX, acercámonos á forma de ver a infancia doutras sociedades e épocas pasadas, lonxe da sensibilidade actual, ó tempo que realizamos un percorrido polas diferentes escolas (española, italiana, alemana, inglesa, etc.) que abordaron o tema. Ao valor documental que atesoran debemos añadir o interese artístico de contemplar pezas mestras da pintura europea.