Fondo bibliográfico e Coleccións

O fondo bibliográfico e as coleccións da biblioteca inclúen obras de referencia, monografías e catálogos de arte, publicacións periódicas nacionais e internacionais, catálogos de poxas e materiais especiais.

A biblioteca conta tamén cunha pequena colección de fondo antigo, que atesoura exemplares desde o século XVI ata os anos 50 do século XX, gardados en condicións adecuadas para garantir a súa conservación.

As áreas temáticas que comprende a biblioteca son, entre outras, historia da arte galego, español e universal, teoría da arte, técnicas artísticas, restauración e conservación, movementos artísticos, disciplinas artísticas (arquitectura, escultura, debuxo, pintura, artes decorativas, deseño, artes gráficas, fotografía, cinema, etc.), patrimonio cultural, lexislación cultural, museoloxía, historia e outras materias afíns.

As coleccións vanse ampliando ano a ano coa adquisición das publicacións máis significativas que se lanzan no eido das artes (especialmente da arte galega). Destaca a importancia da política de intercambio de catálogos de exposicións e outras publicacións con outros museos e institucións culturais españolas e estranxeiras que editen obras de contidos semellantes, e que contribúen dunha maneira fundamental ao incremento do fondo bibliográfico