Publicacións

Editado con motivo da exposición celebrada no Museo de Belas Artes da Coruña do 20 de febreiro ao 14 de maio de 2015, este catálogo é unha completa publicación que ofrece unha análise pormenorizada dunha etapa fundamental na formación de Picasso, a comprendida entre 1891 e 1895. Estuda con detalle as experiencias e as ensinanzas colleitadas neses anos cruciais para poder comprender dun xeito máis profundo a repercusión que tivo a súa obra. Presenta dez seccións, cos correspondentes textos que explican o contido da mostra, xunto coas imaxes das obras expostas.

Catálogo para a exposición sobre Manuel Colmeiro celebrada no Museo de Belas Artes.

Catálogo da exposición A aventura modernista, celebrada no Museo de Belas Artes da Coruña, no que se inclúen as reproducións fotográficas de todas as obras, así como os textos introdutorios.

Esta publicación é o catálogo da exposición Cámara Barroca, que tivo lugar entre outubro e decembro de 2010 no Claustro Alto do Mosteiro de San Martiño Pinario, en Santiago de Compostela. Nesta exposición dáse unha visión da arquitectura barroca galega a través das fotografías de seis fotógrafos galegos de recoñecido prestixio.

Catálogo publicado con motivo da exposición homónima realizada no Museo de Belas Artes da Coruña entre xullo e novembro de 2012.

Catálogo da exposición Confluencias, 1976-2006 Jaime Quessada/Xaime Quessada Blanco no que se expresan os diferentes puntos de encontro nas obras dos reseñados artistas, comprendidas no tempo remarcado. Por medio dunha serie de textos explicativos, faise visible ese feito que interrelaciona as súas pinturas.

O catálogo da mostra celebrada no museo do 24 de abril ao 29 de xuño de 2014 afonda no coñecemento e no estudo da historia da fotografía galega, ao permitir achegarnos a un extenso e representativo catálogo das imaxes inéditas do fotógrafo coruñés Dionisio Tasende.

15,00€

Conto infantil escrito por Yolanda Castaño, pertencente á colección Unha historia para un cadro . Os libros desta colección están creados por escritores galegos de reconocido prestixio, que escollen unha obra do museo como punto de partida para o relato. Esta historia está baseada na obra Mariña surrealista, de Urbano Lugrís. O libro foi ilustrado por Xosé Cobas.

10,00€

Conto infantil de Suso de Toro, pertencente á colección Unha historia para un cadro . Os libros desta colección están creados por escritores galegos de reconocido prestixio, que escollen unha obra do museo como punto de partida para o relato. Chega un Baixel está inspirado na obra de Pedro Pablo Rubens, Dédalo e o Minotauro. Ilustración de Xosé Cobas.

10,00€