
Publicacións
Conto infantil de Suso de Toro, pertencente á colección Unha historia para un cadro . Os libros desta colección están creados por escritores galegos de reconocido prestixio, que escollen unha obra do museo como punto de partida para o relato. Chega un Baixel está inspirado na obra de Pedro Pablo Rubens, Dédalo e o Minotauro. Ilustración de Xosé Cobas.
Conto infantil escrito por Marilar Aleixandre, pertencente á colección Unha historia para un cadro . Os libros desta colección están creados por escritores galegos de reconocido prestixio, que escollen unha obra do museo como punto de partida para o relato. Esta historia está baseada na obra Mariscadoras, de Luis Seoane. O libro foi ilustrado por Xosé Cobas.
Como complemento da mostra A Coruña. A cidade na arte, o Museo de Belas Artes da Coruña edita esta separata da mesma como xesto de apoio á candidatura deste faro milenario como Patrimonio da Humanidade. Consta dun compendio de 25 imaxes da Torre de Hércules seleccionadas de entre o total das obras integrantes da citada exposición. Contén un texto de presentación e as ilustracións completas e con detalles das citadas obras.
94 páxinas : principalmente il. cor ; 16 x 24 cm. Textos en galego.
Traducción ao castelán dos textos contidos no catálogo da mostra editado en inglés.
Esta publicación en lingua castelá contén un texto de presentación por Frederic J. Schwartz, “Las nuevas formas de la cultura en la era industrial”, e recopila a información presentada nos paneis da exposición, que foi elaborada a partir dos textos do catálogo orixinal en alemá, 100 Jahre Deutscher Werkbund 1907-2007, a través da que se fai un percorrido pola historia, actividades e persoas do Werkbund Alemá.
Catálogo da mostra 100 AÑOS DE ARQUITECTURA Y DISEÑO EN ALEMANIA.
DEUTSCHER WERKBUND 1907-2007,
Catálogo da exposición de Chema Madoz, Premio Nacional de Fotografía 2000, realizada no Museo de Belas Artes da Coruña do 6 de xuño ao 27 de xullo de 2008.
Texto paralelo en castelán e inglés
Recóllese o contido dos paneis da exposición, facendo un percorrido pola historia de Galicia ata a actualidade dun xeito gráfico e atractivo. Editado soamente en galego.
Neste catálogo reúnense diversos artigos xunto coa presentación das pezas expostas.
Editado só en castelán.
Indice:
Presentación
Coleccións privadas
Historia de Exipto
A arte e o artista
O Faro de Alexandría
Relixión exipcia
Historiografía e literatura
Vida cotidiana
Pezas en Catálogo:
Descubrimento
Historia
Arte
Faro de Alexandría
Vida cotiá
Relixión
Época copta
Bibliografía
AUTORES: Dirk van den Heuvel, Max Risselada, Beatriz Colomina, Alison Margaret Smithson, Peter Smithson