En 1986, o Ministerio de Cultura encarga a Manuel Gallego Jorreto o deseño dun novo edificio para o Museo de Belas Artes da Coruña, con destino no solar do antigo Convento das Capuchinas.

O mal estado do edificio en ruínas e do entorno, motivou a decisión de levantar un inmoble de nova planta, xunta coa restauración das antigas celas monacais e a conservación, no lado sur do museo, da igrexa do convento, feita por Fernando de Casas y Novoa.

As obras comezan no ano 1989 coa recuperación de parte do convento e, un ano mais tarde, iníciase o levantamento dun novo edificio que será finalmente inaugurado o 12 de decembro de 1995 e galardoado dous anos máis tarde, co Premio Nacional de Arquitectura.


VÍDEO 
Manolo Gallego comenta o edificio do Museo de Belas Artes da Coruña, dentro da exposición "DOMUSAE: Espacios para la Cultura".