Branco no recordo azul
Ciclos de música e cinema
Desde o Museo de Belas Artes da Coruña propóñense diferentes actividades complementarias á exposición Picasso. Branco no recordo azul. Debuxando o futuro, entre as que se inclúen o XXII Ciclo Música para unha época e un Ciclo de cine.
XXII Ciclo Música para unha época: Arredor de Picasso e as súas cidades
Ciclo de cinco concertos dedicados a Picasso e as cidades nas que residiu e traballou ao longo da súa vida, nos que se interpretarán obras de compositores contemporáneos ao artista.
Datas: domingos de maio e xuño de 2023
Horario: 12:00h
Entrada libre ata completar aforo
Ciclo Picasso a través do cine
O cinema foi moi xeneroso co xenio malagueño, pois existe unha amplísima nómina de películas e documentais que ilustran non só a súa vida, en termos biográficos, senón tamén o decurso revolucionario e diacrónico da súa obra artística.
Para este ciclo proponse unha selección de ambos formatos, filmes e documentais, que nos permitirán coñecer ao artista que mellor definiu o século XX en termos estéticos.
Datas: Martes de abril e maio de 2023
Horario: 19:30h
Entrada libre ata completar aforo