Rubens, Peter Paul

Siegen (Alemania)
-
1577
Amberes
-
1640
Escola de arte:
Escola Flamenga

Peter Paul Rubens (Siegen, Alemaña, 1577- Anveres, 1640). Edúcase en Anveres no círculo dos artistas admiradores de Italia e estuda humanidades. Viaxa a Italia no ano 1600, alí traballa para o Duque de Mantua e estuda a Miguel Angel, os venecianos, especialmente a Tiziano, e tamén aos contemporáneos Caravaggio e Annibale Carraci. A finais de 1608 regresa a Anveres e en 1609 é nomeado pintor de corte dos gobernadores de Flandres. A súa habilidade política e o seu prestixio fixéronlle asumir misións diplomáticas que compaxinou coa súa actividade de pintor. Viaxes a Francia, España e Inglaterra aumentaron a súa fama e axudaron a difundir as súas obras que se converten en factor esencial da difusión das formas barrocas. No seu taller rodeouse de discípulos e colaboradores especialidados en arquitecturas, paisaxes, animais ou flores, que realizaban as partes correspondentes e que lle permitiron realizar unha gran cantidade de obras. Ademais as súas obras difundíronse por medio de gravados, polo que as súas composicións e estilo puideron ser estudados por moi diferentes artistas. A súa produción artística é moi abundante e variada, abarca todos os xéneros, desde grandes cadros para altares a opulentos bodegóns pasando por retratos aristocráticos ou temas mitolóxicos.

Obras do/a autor/a