Visitas

As visitas á colección do museo comprenden actividades de público escolar, adulto e de atención á diversidade.

A programación destinada á comunidade educativa inclúe visitas comentadas e actividades que abranguen dende a Educación Infantil ata o Bacharelato, favorecendo que desde pequenos adquiran o costume de asistir aos centros culturais e de estar en contacto directo coas obras de arte. 

No caso das visitas para público adulto, o Museo organiza actividades que fomenten e favorezan o coñecemento da colección do museo en particular, e do mundo da arte en xeral. Visitas guiadas, cursos sobre arte e museos, coloquios, xornadas, presentacións e conferencias; son algunhas das propostas coas que se presenta unha alternativa cultural e de calidade para o tempo de lecer.

As visitas de atención á diversidade pretenden fomentar a participación de todas as persoas nas actividades educativas que se desenvolven no museo, favorecendo o acceso e a inclusión de todos e todas no ocio e na cultura.

Non hai recursos educativos.