Concertos Premio Intercentros Melómano

O Museo de Belas Artes da Coruña acolle dous concertos dos Premios Intercentros Melómano organizados pola Asociación de Amigos do Museo en colaboración coa Asociación AÏS e a Fundación Orfeo, que contarán coa interpretación de dous gañadores do Premio a Mellor Interpretación para Solistas Intercentros Melómano: Laura Ballestrino Mateos e Miguel Ángel Pacheco Macías.

O "Intercentros Melómano" é unha iniciativa da Fundación Orfeo, creada no 2002 co compromiso de apoiar aos músicos mozos no comezo das súas carreiras. 

Datas: 15 e 22 de setembro

Horario: 20:00 h


Programa

Venres 15 de setembroÉtats d'âme
Laura Ballestrino Mateos (piano)

  • Frédéric Chopin (1810-1849) Balada nº 4 en Fa menor op. 52
  • Alexander Scriabin (1872-1915)
  • Sonata n° 3 "États d’âme” op. 23
    • I. Drammàtico
    • II. Allegretto
    • III. Andante
    • IV. Presto con fuoco
  • Jaime Santoyo (1980), Canción de los Lagartos
  • Manuel de Falla (1876-1946), Fantasía Bética

États d'âme -estados da alma- é o título que Alexander Scriabin lle deu á súa Sonata nº 3 en Fa sostenido menor. Alma provén do grego anemos (vento, sopro, respiración) e, segundo os antigos filósofos gregos, a música é quen move os estados da nosa alma. Ao longo da historia, a linguaxe da música foi transformando a súa forma de expresión ata chegar ao Romanticismo, momento chave onde comeza un camiño sen retorno cara a unha comunicación máis emocional, espontánea, humana e visceral.

 

Venres 22 de setembroContrastes
Miguel Ángel Pacheco Macías (saxofón). Acompaña Blanco González Peris (piano)

  • Peza en forma de habanera - M. Ravel
  • Sonata Op.29 - R. Muczynski
  • Fuzzy Bird Sonata - T. Yoshimatsu
  • Les Quatre Éléments (terra, auga) - V.Herbiet
  • Mi bailaora - D. Salleras
  • Sonata (I-II movs) - Paul Creston
  • Suite Helenica - Pedro Iturralde

O termo contrastes define unha oposición ou diferenza notable entre varias cousas. Musicalmente, sempre se contrastou e afastou a música jazz coa música de ámbito clásico por mor dunha aparente diferenza entre estes dous xéneros. Este programa dos séculos XX e XXI presenta toda unha serie de obras que fusionan a escritura clásica musical coa jazzística, engadindo elementos desta última para comprobar que ditos xéneros non están tan afastados o un do outro.