CICLO DE CONCERTOS: "BRAVÍSIMAS! MULLERES NA MÚSICA"

O Museo de Belas Artes da Coruña e a Asociación de Amigos colabora co Conservatorio Profesional de Música da Coruña no desenvolvemento do ciclo de concertos "Bravísimas! Mulleres na música", proxecto do CMUS da Coruña incluido no programa Donas de si (plan Proxecta+ da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia) que ten como principal obxectivo ampliar e implicar en maior medida á comunidade educativa do centro e nas actividades de visibilización, empoderamento e normalización das figuras femininas da historia así como o traballo desenvolvido polas mesmas.

Datas: sábados do 2 ao 23 de marzo.

Horario: 12:00 horas

Entrada libre ata completar aforo do Salón de actos do Museo.


Programación

2 de marzo
Ramón Carnota e Mateo Arnáiz (guitarras), Alexandra Pita Evia e Lidia Espido Lata (piano a catro mans).

9 de marzo
Mateo Arnáiz (guitarra), César Concheiro Guerrico (frauta traveseira) e Nelly Iglesias Ríos (piano).

16 de marzo
Giselle Grau e Jorge R. Genó (piano a catro mans).

23 de marzo
NOVA DATA: VENRES, 12 de abril ás 19:00 horas

Cecilia Abruñedo Pazos (clarinete) e Daniel Zacarés Costa (piano).

Documentos:
Anexo Tamaño
conciertos-cmus_0.pdf 440.43 KB