MOSTRA DOS TRABALLOS DOS OBRADOIROS DE VERÁN "ANATOMÍA DUN ARTISTA"

Ata o 12 de setembro de 2023

Durante os meses de verán acollimos un campamento cultural de conciliación gratuíto, titulado Anatomía dun artista, no que cada semana un grupo de rapaces se achegaba aos distintos estilos histórico-artísticos facendo as súas propias versións con diferentes técnicas.

Como resultado destes traballos  están expostas no museo unhas orixinais instalacións realizadas polos nenos e nenas participantes, cos seus carteis explicativos, polo que os invitamos a achegaros a velos ata o vindeiro 12 de setembro.

 

Lembramos que a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades vén de poñer en marcha, en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, o programa Bibliotecas, Arquivos e Museos Corresponsables, co obxectivo de favorecer a conciliación das familias con nenas, nenos, mozos ou mozas de ata 16 anos de idade desde un enfoque de igualdade entre mulleres e homes. O programa está financiado polo Ministerio de Igualdade do Goberno de España.

Máis información dos obradoiros aquí.

Documentos:
Anexo Tamaño
cartel_mostra_obradoiros_verán 225.93 KB