
OBRADOIROS DE VERÁN: ANATOMÍA DUN ARTISTA
(agás os martes 25 de xullo e 15 de agosto)
A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades vén de poñer en marcha, en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, o programa Bibliotecas, Arquivos e Museos Corresponsables, co obxectivo de favorecer a conciliación das familias con nenas, nenos, mozos ou mozas de ata 16 anos de idade desde un enfoque de igualdade entre mulleres e homes. O programa está financiado polo Ministerio de Igualdade do Goberno de España.
Con este fin, o Museo de Belas Artes da Coruña anuncia a programación dun campamento cultural de conciliación gratuíto, titulado Anatomía dun artista:
De que está feito un artista? Esta pregunta será o punto de partida para unha apaixoante pescuda que nos levará a investigar, coñecer e xogar, tanto con conceptos anatómicos e artísticos (como as distintas representacións do rostro e o corpo humanos nos distintos movementos artísticos), como con outras cuestións enmarcadas nun contexto onírico (que é o que ten na cabeza, nos ollos, no estómago? como é o seu corazón? e as súas mans?
Estas e outras cuestións, contextualizadas con grandes referentes da Historia da Arte xunto coas obras da colección permanente do Museo, servirán de base e inspiración para que os nenos e nenas desenrolen as súas propias creacións.
* VER EXPOSICIÓN FINAL DOS TRABALLOS REALIZADOS NOS OBRADOIROS DE VERÁN
Destinatarios: nenos e nenas de 4 a 12 anos.
Horario: de 10:00 h a 14:00 h
Datas: Martes a venres, do 18 de xullo ao 1 de setembro, nas seguintes quendas:
- Semana 1 do 18 ao 21 de xullo
- Semana 2 do 26 ao 28 de xullo
- Semana 3 do 1 ao 4 de agosto
- Semana 4 do 8 ao 11 de agosto
- Semana 5 do 16 ao 18 de agosto
- Semana 6 do 22 ao 25 de agosto
- Semana 7 do 29 agosto ao 1 de setembro
Requisitos de participación:
Poderán participar no campamento de conciliación os nenos e nenas que cumpran co requisito de idade sinalado e pertenzan a familias monoparentais, vítimas de violencia de xénero ou outras formas de violencia contra a muller, mulleres en situación de desemprego de longa duración, mulleres maiores de 45 anos ou calquera outra unidade familiar con necesidades en materia de coidados de nenas e nenos.
Participantes:
En cada quenda asistirá un máximo de 20 participantes de idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos acompañados por 2 educadores. Segundo a proposta poderán estar organizados en pequenos grupos, traballo individual ou en gran grupo, favorecendo desta forma os procesos creativos e cooperativos.
Información práctica para as familias:
A media mañá farase un descanso para tomar o almorzo que cada participante traerá o seu da casa, xunto cunha botella de auga. É recomendable tamén traer roupa de cambio na mochila.
Inscrición:
- De balde previa inscrición a partir do luns 3 de xullo ás 9:00h.
- A inscrición realizarase enviando a folla de inscrición (dispoñible ao final da páxina) ao correo electrónico actividades.museobelasartes.coruna@xunta.gal
- O envío do formulario non garantiza a reserva de praza, é necesario recibir confirmación por parte do Museo.
Anexo | Tamaño |
---|---|
formulario-inscricion-2023.-plan-corresponsables.-pdf.pdf | 553.31 KB |
formulario-inscricion-2023.-plan-corresponsables.docx | 415.63 KB |