VISITAS ESCOLARES CURSO 2023-2024

VISITAS ESCOLARES

INICIO DA INSCRICIÓN PARA O CURSO 2023-2024

Estamos de volta!

 

Coa chegada do novo curso, presentámosvos a proposta de VISITAS DIDÁCTICAS ao Museo de Belas Artes da Coruña. De carácter gratuíto, terán lugar entre o 17 de outubro do 2023 e o 21 de xuño do 2024 de martes a venres. Dunha hora e cuarto de duración, realizaranse en dúas quendas distintas: ás 10:00h e ás 11:30h, recibindo ao mesmo tempo ata a dúas aulas de 25 alumnos.

A colección permanente do museo é o recurso co que plantexamos unha serie de actividades nas que abordaremos aspectos da nosa realidade social e o mundo que nos rodea. Estas propostas temáticas están deseñadas tendo en conta os contidos curriculares de cada etapa.

 

Podedes consultar a nova programación didáctica a través da web do museo


Para organizar unha visita ou realizar algunha colaboración podedes poñervos en contacto con nós a través das seguintes canles:

Web

Teléfono: 881 881 700

Correo electrónico: mu.belas.artes.difusion@xunta.gal