PRESENTACIÓN DA EXPOSICIÓN VIRTUAL. "Torre de la Parada. Un espazo pictórico para Rubens".

ORGANIZA: Museo de Belas Artes da Coruña, en colaboración con VideaLAB (Laboratorio de Visualización Avanzada en Enxeñería, Arquitectura e Urbanismo da Universidade da Coruña)

PATROCINA: Dirección Xeral de Cultura. Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

LUGAR: Sala 2

DATA: Xoves, 1 de febreiro de 2024

HORA: 12:00 horas

Este xoves 1 de febreiro de 2024, ás 12:00 h, presentamos a exposición virtual "Torre de la Parada. Un espazo pictórico para Rubens", un innovador proxecto expositivo no que o uso da tecnoloxía dixital transfórmase nun instrumento efectivo para alcanzar públicos máis amplos, creando novas vías para o seu acceso, coñecemento e deleite a través dos contidos.

La Torre de la Parada era o pavillón de caza do rei Felipe IV (1605-1665), espazo que albergaba unha das mellores coleccións de pintura do século XVII, entre as que se atopaba un ciclo mitolóxico encargado a Rubens, para o que o artista realizou toda unha serie de bosquexos preparatorios, como Dédalo e o Minotauro e Psique, pezas que forman parte da colección permanente do Museo de Belas Artes da Coruña grazas a unha doazón testamentaria de 1893.

A partir destes dous excepcionais bosquexos, o Museo de Belas Artes da Coruña inicia, en colaboración con VideaLAB, unha exhaustiva investigación para lograr a reconstrución arquitectónica e musealización do mencionado edificio.

A exposición preséntase como a primeira reconstrución visual deste interesante edificio e do seu importante contido artístico, definido e creado polo xa mencionado Peter Paul Rubens, xunto a outros pintores flamengos e Diego Velázquez, pintor do rei, a quen encargou escenas de cacería e paisaxes.

Hoxe en día, as obras que formaban parte deste conxunto artístico están dispersas por todo o mundo, en institucións europeas como o Museo do Prado, os Musées Royaux deas Beaux-Arts de Belgique, a National Gallery, ou a americana The Art Institute of Chicago, ademais de no Museo de Belas Artes da Coruña, outorgándolle ao Museo unha dimensión internacional e a Galicia unha proxección europea.

Grazas ao uso de técnicas de reposición fotogramétrica, modelado CAD 3D e programación dun motor de videoxogos, o visitante poderá realizar un percorrido inmersivo polos seus espazos e interaccionar cos lenzos de forma natural, o que lle permitirá gozar dunha experiencia o máis parecida posible á vivida polo propio Felipe IV. Todo iso, a través da hipotética reconstrución arqueolóxica da arquitectura e as diferentes estancias, así como a realización dunha proposta de distribución das obras, tal como veríanse colocados na súa época.

O acto conta coa presenza do Director Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación, Formación e Universidades, Anxo Lorenzo, que estará acompañado por Ana Vasco del Castillo, técnico do Departamento de Difusión do Museo de Belas Artes da Coruña; Luis Hernández Ibáñez, profesor do Departamento de Enxeñería Civil na Facultade de Ciencias da Comunicación e na Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos, da Universidade da Coruña (UDC) e a directora do Museo de Belas Artes da Coruña, Ángeles Penas Truque.

A exposición virtual pódese visitar desde o 1 de febreiro na sala 2 do museo e complementar a información sobre as obras de temática mitolóxica nas pantallas interactivas dispostas na entrada da sala.

 


Para máis información: Torre da Parada. Un espazo pictórico para Rubens.