ACTIVIDADES DÍA DO LIBRO 2024

O día 23 de abril celébrase o "Día Internacional do Libro", e o Museo de Belas Artes da Coruña ofrece as seguintes actividades e recursos en liña:

Programación

 

Visita guiada á biblioteca

O vindeiro martes 23 de abril realizaráse unha visita guiada á biblioteca do museo, na que se explicará a historia e evolución da biblioteca e das súas coleccións.

Data: 23 de abril

Horario: 19:00 horas

Inscrición

  • Aquelas persoas interesadas deben reservar a súa praza enviando un e-mail cos seus datos persoais (Nome e apelidos) ao correo electrónico: actividades.museobelasartes.coruna@xunta.gal.
  • A inscrición está limitada a 2 persoas por e-mail.

 

Exposición bibliográfica sobre Peter Paul Rubens

Como complemento á exposición temporal Torre de la Parada. Un espazo pictórico para Rubens. A exposición virtual, presente nas salas do Museo, dende a biblioteca realizamos unha mostra cunha selección de bibliografía sobre Peter Paul Rubens.

Pódense consultar os títulos seleccionados neste enlace.

 

Selección bibliográfica "O Modernismo"

O martes 23 de abril comeza no museo o curso "Os temas da arte: O Modernismo, un estilo para unha nova cidade". Desde a biblioteca preparamos o acceso a bibliografía especializada no tema.

Máis información neste enlace

 

Bookcrossing no Museo de Belas Artes da Coruña

Datas: do 23 ao 30 de abril de 2024

A biblioteca do Museo de Belas Artes da Coruña participará na tradicional  actividade de Bookcrossing ou Campaña de liberación de libros preparada por case 50 centros de arte e museos de toda España.

  • Bookcrossing presencial: Habilitarase un espazo na entrada do Museo, onde as persoas interesadas, no horario de apertura do Museo, poderán consultar e recoller as publicacións, que estarán rexistradas en www.bookcrossing-spain.com.  
  • Bookcrossing virtual: cada biblioteca compartirá en liña un libro, nun vídeo colaborativo.
Documentos:
Anexo Tamaño
bookcrossing_nota_informativa_2024.pdf 183.73 KB